Nesta ocasión, na fábrica das pequenas historias, a visita a Lugo en maio de 1925, da escritora Sofía Casanova. Recibida pola intelectualidade lucense: Os doutores Alonso Hortas e Leopoldo Gasalla, Amor Meilán, Pepe Vega Blanco ... foi sen dúbida un dos acontecementos locais máis importantes do século XX. Chegada a Lugo en plena estratexia cultural en apoxeo do primoreveirismo, faise un percorrido polos dous días que nos visitou.
0 Comentarios
Comezando nunha anecdota entre Pimentel e a pintura Julia Minguillón, e a obra do poeta: A morte de Pierrot, recupéranse figuras como a mestra de danza Pilar Tabernero e moi especialmente o músico Manuel Sariñena. Texto en homenaxe a Sariñena, a súa participación en diversos proxectos músicas e artísticos da cidade, a súa influencia en rapaces máis novos como Pimentel ou Bal y Gay, convérteno nunha das figuras. envoltas nun humillante e inexplicable silencio, máis deslumbradoras do Lugo cultural do século XX. Na fotografía: Pimentel, Sariñena e Bal y Gay Na fotografía, recibimento na Praza Maior de Lugo das tropas lucenses que combatiron contra os obreiros en Asturias en 1934. Como sempre Ramón González afondando nunha esquecida nosa historia. As dúas mortes do troskista Pepe Ramos, nacera en Bos Aires, pero a súa vida, a súa curta vida pasouna no Lugo prebélico e morreu fusilado en outubro do 36. |
con Ramón González
|




