Na fotografía: Pío Baroja visitando a muralla de Lugo. A principios dos anos trinta, o escrito Pío Baroja visitou Lugo seguindo o itinerario do xeneral carlista Gómez Damas para facer una reportaxe encargada por una coñecida revista madrileña. Hoxe contamos a historia daquela visita e a súa relación epistolar cun lucense, devoto admirador de Baroja: Celestino Fernández de la Vega.
0 Comentarios
Na fotografía: Antón Figueroa nos anos cincuenta. A lembranza de Antón Figueroa, boticario, médico, mecenas de pintores como Tino Grandío ou Xavier Pousa, e fundador das Mocedades Galeguistas de Lugo nos anos trinta así como do socialismo galego e lucense despois da guerra xunto con Xacinto Calvo. Unha figura imprescindible para enterdermos a vida cultural lucense a través das tertulias e da súa relación coa recuperación e dignificación da palabra democrática e galega. Na fotografía: Álvaro Xil, Ángel Johán e Cebreiro en Lugo na época da revista Ronsel. No ano 1929, o artista plástico e poeta lucense Ángel Johán marcha a Canarias coas oposicións de oficial de telégrafos aprobadas. A súa vida estará marcada polos proxectos culturais como a revista Ronsel e o seu compromiso republicano que o levaría a entrar en prisión durante a época do franquismo. De regreso a Lugo a finais dos anos 40, Ángel Johán é un dos intelectuais máis importantes no Lugo do século XX. Entre 1915 e 1935, houbo en Lugo catro grandes directores de coros: Luis Junquera, Manuel Sariñena, Vicente Latorre e o malogrado Xesús Rodríguez Fernández, violinista e director histórico do coro lucense "Cántigas e Aturuxos". A súa historia, desde a súa volta para a cidade das murallas desde a guerra de África con diñeiro aforrado para mercar o primeiro violín ata as homenaxes que a finais dos anos 20 lle rendeu Lugo.Hoxe, neste programa unha parte fundamental da historia musical lucense. |
con Ramón González
|



