No inverno de 1931 era soterrado en Lugo, o poeta e caixista de El Progreso, Glicerio Barreiro. Durante os anos vinte foi o poeta máis recoñecido da cidade das murallas. Pero a historia de Glicerio é a historia tamén das Irmandades da Fala de Lugo e a súa participación naquela fundada en decembro de 1918 por Evaristo Correa Calderón. Houbo unha anterior, fundada polo militante carlista Xesús Cora y Lira. Esta é a historia tamén daquel enfrontamento entre Irmandades que remataría con estacas e cadeiras polo aire no antigo Lugo Salón. Glicerio é tamén o enfrontamento co seu irmán Germán, membro do Centro Obreiro de Lugo, pola aposta do poeta polas Irmandades, e a súa posterior reconciliación. Aínda que, e sobre todo, Glicerio é unha historia triste, de mortes prematuras e traxedias familiares.
0 Comentarios
En 1926 o pintor lucense Xesús Rodríguez Corredoyra de Castro inicia unha tormentosa relación cunha aristócrata entre as luces eternas de Broadway. As denuncias entrecruzadas non se fan agardar, nas que Corredoyra acusará á aristócrata de apropriarse de 28 cadros e que rematarán nunha vista nun xulgado de West Side. A historia daquela relación e unha semblanza dun artista único e irrepetible. Na fotografía: Inauguración da exposición de Corredoyra en Bos Aires, no salón Witcomb. Na década dos vinte do século pasado eclosionou o jazz en toda a península. En Lugo houbo dúas agrupacións autóctonas: a orquestra de Sariñena e a permanente do Principal con José Rovira e o director de Cántigas e Aturuxos, o violinista Xesús Rodríguez. Pero, sen dúbida a actuación máis importante sería a de Harry Flemming que veu a Lugo en 1929 acompañado polo guitarrista Óscar Alemán, o trompetista Tommy Ladnier, que tocaría con Sam Wooding ou Duke Ellington, e Little Esther, que sería famosa na serie Our Gang, reposta nos oitenta no programa "La Bola de Cristal" co nome de "La pandilla". Unha verdadeiro luxo para Lugo anos vinte. Na fotografía: orquestra de Harry Flemming. Entre 1912 e 1922, houbo en Lugo un instrumento exótico e extraordinario que era propiedade dun sacerdote, Felipe Romay. A relación dese sacerdote lucense co actor, director teatral e músico Amadeo Granieri, a quen legaría o seu violín chinés. lévannos da man por una das historias máis curiosas do Lugo de inicios do século XX. Na fotografía, Felipe Romay co seu violín. Fonfo do Concello de Lugo. A finais de setembro de 1932, o Comité de Cooperación Intelectual de Lugo, organiza una charla na deputación co escritor Ramón Gómez de la Serna. A historia da estadía do grande Ramón na cidade das murallas aquel setembro e a súa visita á peña do Hielo Bar, con Colmeiro, Lamas, Romero Boelle ou Manteiga, e o paseo nocturno xunto con Fole, onde Gómez de la Serna descobre o aspecto máis surrealista de Lugo. Na fotografía: Ramón Gómez de la Serna nunha das súas conversas nocturnas xunto co escritor ruso Ilyá Ehrenburg |
con Ramón González
|




