|
Neste 2019 cúmprense 30 anos do seu pasamento e o vindeiro 2020, 110 do seu nacemento en Miranda (Castroverde), polo que se podía pensar en materializar algunha lembranza perdurable na súa memoria e visibilizar as súas fortalezas. A crenza de que as cousas poden mellorar coa cultura e a educación, déronlle forza e coraxe nos camiños da súa vida.
0 Comentarios
Falar de prostitución remítenos ás orixes do sistema patriarcal que por medio da dominación masculina institúe o dereito dos varóns ó corpo das mulleres por diñeiro.
A sociedade de mercado e a globalización neoliberal modou o rostro da prostitución. De inha realidade reducida transformouse nunha industria global con grandes beneficios para proxenetas e grande explotación para milleiros de mulleres. Desde a Vinoteca Vinissi poñemos o foco na mercantilización do corpo das mulleres.
Son xa 30 anos, dende que Axunica comenzou a colaborar con Nicaragua. Pasaron moitas cousas, dende a esperanza inicial coa Revolución Sandinista ata os últimos acontecementos acaecidos no 2018, pero que se viñan xestando ó longo desta última década.
Daniel Ortega, o revolucionario que liberou Nicaragua e que estáse a convertir no tirano que axudou a derrocar. Vai para nove meses, que empezaron as protestas e achegarémonos á esta realidade da man dunha muller nica, que se atopa en Galicia por circunstancias adversas e tres mulleres de Axunica. Ana Vila, a súa fundadora segue ó lado das súas persoas nicas loitando pola liberdade. Por ela e para elas vai este programa dende este lado do mar.
“Se algo está cambiando no mundo, ten a ver coas mulleres”
Sobradamente coñecida nalgúns aspectos, pero seguro que ainda garda algún segredo, que igual nos desvela hoxe. Acaba de recibir o Premio da Cultura Galega na modalidade de artes plásticas, que lle será entregado o 11 de xaneiro en Montederramo (Ourense) . É unha artista multidisciplinar, sen dúbida, e o tema máis presente -aínda que non exclusivo- da súa obra é a denuncia do patriarcado e do machismo.
As ondas levan e traen enerxía, cando empezan teñen vocación de chegar, para rachar ó seu xeito. E…no 2008, abrollou o Observatorio da Mariña pola Igualdade, e o pouco a Axenda Feminista, reivindicando figuras galegas das distintas disciplinas. Pasaron dez anos a deste 2019 está adicada ás artistas visuais.
|
A la carta
Abril 2019
Categorías
Todos
|
Fuente RSS