|
As folgas feministas do 8 M evidencian unha forte conciencia de protesta contra a discriminación e violencias e poñen de relevo que o tempo das declaracións xa rematou. Os partidos políticos deben pasar das declaracións de intencións á incorporación de actuacións concretas nos seus programas electorais como expresión do compromiso que contraen coas mulleres e toda a cidadanía.
Neste programa analizamos algunhas as propostas que 137 asociacións feministas presentan aos partidos políticos de cara as eleccións do 28 abril. Debatimos sobre as propostas feministas referidas a: violencias machistas, fenda salarial, coidados e educación. Con Pura Dorrío, Carme D. Simón, Branca Guerreiro e Dolores Varela.
0 Comentarios
Achegámonos hoxe con compañeiras de distintos puntos da xeografía, para falar de cuestións que nos levan ás mulleres a movilizarnos nestas datas, con accións, reivindicacións, formas de organizarmonos e visibilizar a opresión e os desaxustes que seguimos a sofrir.
Seguimos a denunciar as artimañas do patriarcado para manternos en desvantaxa, seguimos a loitar polos dereitos conseguidos nalgún caso e reivindicalos noutros casos e países. Como no caso de Penélope, os avances conqueridos polas mulleres, sofren retrocesos, que nos fan ter que coller pulo novamente para que se produza un novo avance.
Dende a Librería Trama de Lugo, presentando o libro am@me, editado pola editorial Galaxia, dentro da colección Feminismos.
As súas autoras son dúas mulleres, Chis Oliveira Malvar, catedrática de filosofía e Amada Traba Díaz, licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía. Imos falar de: A educación afectiva-sexual na adolescencia, do proxecto BATA, do Comando Igualdade...pero tamén dos cautiverios das mulleres, da estructura patriarcal que encorseta as nosas vidas, de recursos e enfoques de análise do amor para pensalo e (des)pensalo... Todos eles son abordados neste libro, indispensable para as persoas educadoras, familias, xoves, etc.
Neste 2019 cúmprense 30 anos do seu pasamento e o vindeiro 2020, 110 do seu nacemento en Miranda (Castroverde), polo que se podía pensar en materializar algunha lembranza perdurable na súa memoria e visibilizar as súas fortalezas. A crenza de que as cousas poden mellorar coa cultura e a educación, déronlle forza e coraxe nos camiños da súa vida.
“Se algo está cambiando no mundo, ten a ver coas mulleres”
Sobradamente coñecida nalgúns aspectos, pero seguro que ainda garda algún segredo, que igual nos desvela hoxe. Acaba de recibir o Premio da Cultura Galega na modalidade de artes plásticas, que lle será entregado o 11 de xaneiro en Montederramo (Ourense) . É unha artista multidisciplinar, sen dúbida, e o tema máis presente -aínda que non exclusivo- da súa obra é a denuncia do patriarcado e do machismo.
As ondas levan e traen enerxía, cando empezan teñen vocación de chegar, para rachar ó seu xeito. E…no 2008, abrollou o Observatorio da Mariña pola Igualdade, e o pouco a Axenda Feminista, reivindicando figuras galegas das distintas disciplinas. Pasaron dez anos a deste 2019 está adicada ás artistas visuais.
Estamos con dúas mulleres, xoves, inquietas é dicir con inquietudes, con candasúa andaina vital, e xuntámolas hoxe para dialogar sobre a súa forma de estar, participar e andar polo mundo. Un mundo de posibilidades no exterior, pero á vez de atrancos para proxectar o futuro no noso país. A precarización dos empregos, fai que teñan saído xeracións enteiras de xoves, deixando unha poboación envellecida sen posibilidade de renovación e futuro incerto.
"Para camiñar cara a igualdade, temos que ter liberdade". Seguimos conceptualizando e poñendo nome a cousas que están a pasar arredor nosa, para superar o desequilibrio epistémico que existe sobre a violencia patriarcal. Carme Adán ven de publicar o libro ” Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión”, e faise preguntas como se a violencia é un eixo fundante do sistema ou se ser muller é un factor de risco, edúcannos no medo?, nós tamén ... Temos que estar vivas, non ser valentes...
|
A la carta
Abril 2019
Categorías
Todos
|


Fuente RSS