|
As folgas feministas do 8 M evidencian unha forte conciencia de protesta contra a discriminación e violencias e poñen de relevo que o tempo das declaracións xa rematou. Os partidos políticos deben pasar das declaracións de intencións á incorporación de actuacións concretas nos seus programas electorais como expresión do compromiso que contraen coas mulleres e toda a cidadanía.
Neste programa analizamos algunhas as propostas que 137 asociacións feministas presentan aos partidos políticos de cara as eleccións do 28 abril. Debatimos sobre as propostas feministas referidas a: violencias machistas, fenda salarial, coidados e educación. Con Pura Dorrío, Carme D. Simón, Branca Guerreiro e Dolores Varela.
0 Comentarios
O 3 de marzo , lugo cidade acolledora do feminismo galego. Todos os dereitos, todas as mulleres, revolta feminista. Mulleres con forza.Previa. As nosas colaboradoras falan sobre o tema, son María Antonia Mujeriego, Luisa "Teté" Grandío, Isabel Sánchez, Dolores Varela Salgueiro, Maite Ferreiro, coordinadas por Fátima Pérez Calderón.
"Para camiñar cara a igualdade, temos que ter liberdade". Seguimos conceptualizando e poñendo nome a cousas que están a pasar arredor nosa, para superar o desequilibrio epistémico que existe sobre a violencia patriarcal. Carme Adán ven de publicar o libro ” Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión”, e faise preguntas como se a violencia é un eixo fundante do sistema ou se ser muller é un factor de risco, edúcannos no medo?, nós tamén ... Temos que estar vivas, non ser valentes...
|
A la carta
Abril 2019
Categorías
Todos
|






Fuente RSS