|
Achegámonos hoxe con compañeiras de distintos puntos da xeografía, para falar de cuestións que nos levan ás mulleres a movilizarnos nestas datas, con accións, reivindicacións, formas de organizarmonos e visibilizar a opresión e os desaxustes que seguimos a sofrir.
Seguimos a denunciar as artimañas do patriarcado para manternos en desvantaxa, seguimos a loitar polos dereitos conseguidos nalgún caso e reivindicalos noutros casos e países. Como no caso de Penélope, os avances conqueridos polas mulleres, sofren retrocesos, que nos fan ter que coller pulo novamente para que se produza un novo avance.
0 Comentarios
Estamos con dúas mulleres, xoves, inquietas é dicir con inquietudes, con candasúa andaina vital, e xuntámolas hoxe para dialogar sobre a súa forma de estar, participar e andar polo mundo. Un mundo de posibilidades no exterior, pero á vez de atrancos para proxectar o futuro no noso país. A precarización dos empregos, fai que teñan saído xeracións enteiras de xoves, deixando unha poboación envellecida sen posibilidade de renovación e futuro incerto.
Fátima Pérez coordina hoxe estas voces de mulleres, as de Vanesa Siso, Yolanda Espiñeira e Antonia Mujeriego. As últimas novas relacionadas co feminismo, tamén son obxecto deste faladoiro.
Tratando de analizar as orixes da tal violencia e tamén o camiño percorrido dende “O meu marido zóscame o normal ó Metoo”.....
Como di Celia Amorós, conceptualizar é politizar, e os términos que se usan á hora de definir o problema, a caracterización, onde se produce, que formas pode ter, cales son as súas causas, etc., en definitiva comprender a situación é construir o camiño de atopar e concretar solucións. |
A la carta
Abril 2019
Categorías
Todos
|
Fuente RSS